IV PLAN DE RESCATE – AXUDAS AS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS, PROFESIONAIS E EMPRESAS PARTICULARMENTE AFECTADAS POLA CRISE DA COVID-19


axudas-traballadoras-afectadas-covid-19

Axudas para satisfacer débedas contraídas entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de setembro de 2021 e que procedan de contratos anteriores ao 13 de marzo de 2021.

 

BENEFICIARIOS

• Persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar por conta propia e profesionais mutualistas en réxime de estimación obxectiva.
• Persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar por conta propia, profesionais e empresas que teñan unha caída do volume de operacións anual declarado de máis dun 30% no ano 2020 respecto do ano 2019.
• Persoas traballadoras autónomas de tempada, sempre que continúen coa súa actividade, aínda que non estean de alta no momento de presentación da solicitude e estiveran de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses no 2019 ou 2020.
• Persoas traballadoras autónomas dadas de alta entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de marzo de 2020 e empresas creadas ou que tiveran realizado una modificación da súa estrutura entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2020.

 

Excepcionalmente terán a consideración de beneficiarias:

• As entidades que tiveran un resultado negativo na base impoñible no imposto de sociedades correspondente ao 2019 cando, na dita declaración, cumpran dúas das tres condicións seguintes:

o Ter fondos propios superiores á metade do capital,
o Ter un activo total igual ou superior a 1,5 veces o pasivo total,
o Ter un activo corrente igual ou superior ao pasivo corrente.

 

GASTOS SUBVENCIONABLES:

A persona beneficiaria debe destinar a axuda obrigatoriamente conforme a seguinte secuencia:

1. Ao pago das débedas a proveedores e outros acreedores non financeiros, pendentes a 30 desetembrode 2021 procedentes de contratos anteriores ao 13 de marzo de 2021, por orde de antigüidade, aínda que xa estivese realizado na data de presentación da solicitude.
2. A reducir a débeda con acreedores financeiros, primando a redución da débeda con aval público.
3. E no caso de que exista remanente pendente de aplicación:
a. A compensación de todolos custos fixos do 2020 en que se incorrese, incluidas as perdas contables propias da actividade empresarial, sempre que se xerasen entre o 1 de marzo e o 31 de decembro de 2020e
b. A compensación de todolos custos fixos do 2021 incorridos entre o 1 de xanero a 30 de setembro de 2021, incluidas as perdas contables sempre que teñan exercicio económico pechado.

 

CONTÍA DA AXUDA

Para persoas empresarias ou profesionais que apliquen o réxime de estimación obxectiva IRPF no ano 2019 e/ou no ano 2020 = 3.000 €
Para o resto de persoas empresarias, profesionais e empresas, a axuda non poderá superar ningún dos seguintes importes:

• O importe máximo de: 200.000€.
• Para empresarios e profesionais así como entidades e establecementos permanentes que teñan 10 ou menos persoas empregadas = 40% do importe da caída do volume de operacións que supere o 30% de caída respecto do 2019.
• Para entidades, empresarios ou profesionais e establecementos permanentes que teñan máis de 10 persoas empregadas = 20% do importe da caída do volume de operacións que supere o 30% de caída respecto do 2019.
• En ningún caso o importe da axuda poderá superar o importe dos gastos subvencionables.
• Os gastos subvencionables deberán ser de importe igual ou superior á axuda solicitada, de tal xeito que o importe da
• axuda nunca poderá ser superior aos ditos gastos subvencionables.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo remata o 29 de novembro de 2021.

Comparte esta noticia:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *