Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que sean pemes.
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
d) Que estean ao día das súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
Tamén poderán ser beneficiarias aquelas pemes dedicadas ao comercio retallista, que non precisan estar dadas de alta en programas do Igape mencionados anteriormente.
Gastos subvencionables:
a) Consultoría necesaria para a elaboración de:
a. Diagnóstico de potencial exportador dixital.
b. Plans de internacionalización dixital multicanle.
c. Plans de mercados electrónicos concretos.
d. Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital.
b) Software de:
a. Soluciones tecnolóxicas P.I.M. (Product Information Management) para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais multi-idioma.
b. Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERP).
c. Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI) para o seguimento e optimización de canles de vendas e de márketing en liña.
d. Solucións de intelixencia automatizada para a optimización da supply chain e do fullfillment, por exemplo, para a venda preditiva e o aprovisionamento.
e. Solucións de inbound márketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar usuarios de interese obxectivo do negocio en liña. Inclúese desde a compra das solucións tecnolóxicas, a súa integración e tamén a súa xestión como servizo a vendedores en liña por parte de axencias.
f. Creación e adaptación de tendas en liña.
c) Otros gastos de:
a. Creación e adaptación catálogos en liña para o márketing e vendas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C.
b. Campañas de posicionamento SEM en directorios internacionais con buscadores e en plataformas, incluídos os gastos de axencia.
c. Solucións de software de pagamento por uso das mencionadas na epígrafe B.
Contía da axuda
A subvención será do 80 % dos gastos .
Prazo de presentación de solicitudes:
Finalizará o 30 de xuño de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.