AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS 2021


axudas-municipais-creacion-empresas-2021

BENEFICIARIOS:

Poderán concorrer a esta convocatoria pública as persoas físicas (autónomos/as) e empresas privadas, independentemente da súa forma xurídica, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas, sociedades laborais e persoas emprendedoras que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional.

 

Non poderán solicitar estas axudas as entidades sen ánimo de lucro nin as persoas físicas distintas do disposto no parágrafo anterior.

 

Para acollerse a estas axudas terán que iniciar a súa actividade empresarial no municipio entre o 1 de abril de 2020 e o 31 de marzo de 2021 (entendendo por inicio de actividade a alta no I.A.E.) que teñan viabilidade técnica, económica e financeira e que cumpran coas obrigas e os requisitos establecidos.

 

REQUISITOS

  1. Que a empresa teña o seu enderezo fiscal e social en Vigo con data anterior ao inicio do prazo de presentación da solicitude.
  2. Que sexan empresas de nova creación incluíndo, neste concepto, os traspasos de negocios.
  3. Que o/a promotor/a cree o seu propio posto de traballo e estea en situación de desemprego na data de inicio da actividade empresarial, en calquera das formas xurídicas existentes. No caso de varias persoas promotoras como mínimo o 50% do capital social da empresa será de titularidade de persoas que previamente estivesen en situación de desemprego.
  4. Que se atope ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), co Concello de Vigo e coa Seguridade Social, a empresa e os/as promotores/as.
  5. Que o/s promotor/es da empresa non desenvolveran igual ou similar actividade empresarial na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade.

 

CUANTÍA

O importe máximo destas axudas será de 3.000€ por empresa beneficiaria e non poderá superar o 50% dos gastos efectuados durante o período indicado nin tampouco exceder da contía total do investimento inicial realizado polos/as promotores/as.

 

GASTOS SUBVENCIONABLES

a) Gastos de constitución e apertura

a) Honorarios e gastos de proxectos técnicos

b) Honorarios do Rexistro Mercantil.

c) Honorarios de notarías

b) Existencias iniciais de mercadorías: primeiras compras de mercadorías, de materias primas e doutros consumibles utilizados no proceso de produción ou servizo, así como a subscrición a revistas e libros profesionais.

c) Gastos de alugueiro:

a) Inmobles e locais

b) Vehículo industrial

c) Aplicacións e equipos informáticos.

Non son subvencionables os conceptos de fianzas e garantías.

d) Primas de seguros

e)Gastos de actividade:

a) Hosting e servizos web

b) Papelaría e material de oficina

c) Asesoría

d) Formación e cursos recibidos (sempre que sexa imprescindible na actividade a desenvolver)

e) Gastos de difusión da actividade empresarial

f) Dereitos de propiedade industrial

 

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

El plazo de presentación de solicitudes finaliza el 5 de agosto de 2021

 

Comparte esta noticia:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *